Post B6oZNepx4rzmBL12ps by durru@mastodon.la
 (DIR) More posts by durru@mastodon.la
 (DIR) Post #B6oZNepx4rzmBL12ps by durru@mastodon.la
       0 likes, 0 repeats
       
       Bo día, rapazada!Hoxe xa mirei unha bubela e un coelliño pequeno que atravesa a valla como si non houbese.Amencida bretemosa e fresca, estou con forro polar.Escoito corvos e mirlos, chochíns e paporrubios, un carpinteiro percute nun piñeiro e as rolas con ese son de serrucho.Canta un galo tamén, mais o rei de todos os cantaríns é o zorzal.O resto cala a escoitalo.PUM! O veciño encendeu a máquina de toupidos, seguro que xa botou o millo.