Posts by viriato@mastodon.gal
(DIR) Post #AcGEKOb7pFYxGS8Elc by viriato@mastodon.gal
2023-11-10T09:50:51Z
0 likes, 0 repeats
Día 10: teatro + AgacoEvento: Teatro Jofre, Ferrol, 2022/08/08Pistas:- Todos os reloxos están detidos ás 20:41.- Unhas febras azuis, como raíces ou veas, esténdense polas paredes dende moitas esquinas.- O elenco, no chan, segue a mover os beizos. Semella que declaman as súas partes en silencio.- Non hai un conserxe Ramón Ochoa no cadro de turnos.- Un exemplar do guión manchado de sangue.- No espello dun camerino, escrito: "A Súa Alteza xa está aquí".#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKPLZ2ai3aTrK9Q by viriato@mastodon.gal
2023-11-11T09:03:05Z
0 likes, 0 repeats
Día 11: pacto + Derradeiros DíasAs portas do sentō penduran dos gonzos. Amigues xacen no chan sen vida. Na súa ave de monta, rodeada pola súa hoste, Madamme Paz sorrí. Aquí remata a vosa busca de Cidade Espiral...Entón, escoitades os pasos: centos. A tirana xírase a mirar e tamén o vedes: é a xente dos cantís, cos escudos e lanzas des súes avoes! A vella Grun manda parar e repite ao lonxe as vosas verbas:—"Que queda nestes tempos se non a palabra do veciño".#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKQ4EMWRFp0kzlw by viriato@mastodon.gal
2023-11-13T22:08:51Z
0 likes, 0 repeats
Día 12: festival + Derradeiros DíasCáliz é unha das tantas persoas escravas que serven en Esmorga, a festa constante onde milleiros de nihilobacantes gozan —entre manxares, narcóticos, corpos— á espera do Lume que ha de devorar o mundo. Cáliz, en cambio, prefire usar o tempo desviando alimentos frescos e sementes potabilizadoras cara as xentes de Refugallo, o anel de arrabais. É unhe émpata e odia ês súes ames. Axudará a quen obre contra o poder do Anfitrionato.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKQnxcV1C6q9W3E by viriato@mastodon.gal
2023-11-14T19:20:24Z
0 likes, 0 repeats
Día 13: roubo + AgacoNon todos os eventos non-mundanos dos que se ocupa a Axencia teñen orixe na activación accidental ou espontánea dun obxecto disonante, ou nas accións dunha entidade alter-mundana con axenda propia. Non: incluso ás más férreas burocracias méteselles de vez en cando algunha mazá podre. Nos contados casos (re)coñecidos, os efectos foron menores; as motivacións alegadas, desestimadas, e as persoas responsables, rapida e doadamente neutralizadas.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKRYOpqAIQrsbR2 by viriato@mastodon.gal
2023-11-15T22:41:21Z
0 likes, 0 repeats
Día 14: xuizo + DecrecentopíaNa Galicia post-industrial, búscase previr os actos antisociais eliminando as súas causas estructurais. As raras veces que se dan, repárase no posible o dano, planifícase e execútase medidas de prevención específicas, e revísanse as xerais. Só en ocasións rarísimas e extremas, un tribunal popular (coa axuda de especialistas) decretará o desterro. Isto, claro está, non é castigo: é prevención tamén. Prevención e consecuencias.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKSbGwe3bg4EPYG by viriato@mastodon.gal
2023-11-16T00:21:29Z
0 likes, 0 repeats
Día 15: carpe diem + Contos do Cúmulo- Nome: IANTE A VITALISTA- Impulso: Contaxiar unha euforia febril pola vida- Xogadas: Convencer a alguén de que abandone as súas responsabilidades por unha pasión // Atraer a simpatía e protección da audiencia // ...- Presaxios escuros—— 1: Iante chega á vila—— 2: Unha 1ª persoa é seducida por Iante—— 3: Ocupacións esenciais son desatendidas—— 4: Familias asustadas fuxen da vila- Destino aciago: A vila cae no caos#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKTOXzRTM8tHlM8 by viriato@mastodon.gal
2023-11-16T08:16:28Z
0 likes, 0 repeats
Día 16: Xapón + Contos do Cúmulo- Unha efixie de rocha volcánica do emperador antilano.- As cerdeiras en flor en Avarien, o planeta vivinte.- Unha anana de Cerekhazad puíndo a súa espada.- A ceremonia do xugo de wertzmog en Khalzan.- Un cráter recente onde había unha fortaleza, proba do poder de fogo dunha cidadela de cristal antilana.- Infiltradoras varan xogando aos dados na porta dunha venta.- Un santuario a Reqis/Wajek con ofrendas frescas.- Godzilla.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKU55RHV4GpBjf6 by viriato@mastodon.gal
2023-11-17T09:37:44Z
0 likes, 0 repeats
Día 17: espías + DecrecentopíaESPÍAOficialmente, es parte dunha comuna ou organización, pero secretamente traballas en pro dos intereses de:- A Rede Miño-Nordouro- A Rede da Cornisa- Portos do Finisterrae- A Igrexa Católica- Ês Arcadianes- Renacer Atómico...ou outra. Tes no teu fogar un obxecto incriminante: un libro de claves, documentos delatores, unha radio secreta, etc.Cando esteas en territorio da túa facción, podes obter a axuda de axentes afíns.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKUqaafUue9Pfhg by viriato@mastodon.gal
2023-11-22T20:21:02Z
0 likes, 0 repeats
Día 18: pantano + AgacoTres persoas morreron onte nas inmediacións do encoro de Cecebre. Operativos nosos atoparon os corpos *disoltos* e limparon a escena. Os datos encaixan cos dos informes do Seminario de Estudos do Territorio: segundo sabemos, no '74 as autoridades franquistas deron alí con algo que non comprenderon. O pantano foi a súa forma de tapalo. O baixo nivel das augas probablemente reactivouno. Averiguade que hai alí e neutralizade calquera ameaza.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKVcnhQ3v3fyAqm by viriato@mastodon.gal
2023-11-22T20:37:05Z
0 likes, 0 repeats
Día 19: chef + DecrecentopíaSaren Nevares. 31 anos. Especialista de cociña na cooperativa forestal norte da comuna de Silleda-Estrada. Por oficio e afección, é unhe auténtice experte no cultivo de fungos. Moitos dos arquivos sobre micoloxía que están en acceso rápido nos terminais da biblioteca pública da comuna foron solicitados por eli. A incubadora que ten asignada nos laboratorios comunais do sector norte alberga unha nutrida poboación de polimerófagos.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKWMsw4vRMbWygK by viriato@mastodon.gal
2023-11-23T16:10:29Z
0 likes, 0 repeats
Día 20: salvavidas + Derradeiros DíasNas soidades da sabana, en terras tabú para as xentes da ferruxe, unha inmensa mole triangular, visible dende centos de kilómetros á redonda, destaca na paisaxe. Doce mil metros de altura de materiais imposibles. Segundo di a tradición, ês antigues creárona para o Día do Lume, como refuxio e futuro fogar nas estrelas. Abandonada por milenios, a maleza cubre ás súas faldras. Ninguén sabe que agocha nas súas profundidades.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKXCdpeKFx7kJM0 by viriato@mastodon.gal
2023-11-23T16:48:51Z
0 likes, 0 repeats
Día 21: corazón + Derradeiros DíasDESCORAZONADEInstinto: Transmitir o seu malAlcance: pretoPG: 16Dano: d6+2, presa, contundenteArmadura: 0Etiquetas: solitarie, silandeire, arteire, intelixente, terrorífiqueXogadas:- Finxir ser inofensivo e estar en problemas- Separar con argucias alguén do grupo- Apresar con forza inhumana- Inocular o bichoUn parásito suplantou fisicamente o seu corazón, anula a súa humanidade, e lévao a conseguir máis anfitriones.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKXzCv5AqNkT63M by viriato@mastodon.gal
2023-11-23T17:40:19Z
0 likes, 0 repeats
Día 22: cousas gratis + DecrecentopíaCando buscas algún obxecto común, a comuna prové. Se é un consumible habitual (p. e.: alimentos), ou algo de uso persoal (roupa), ou unha cousa básica dun fogar (louza), darancho sen máis. Se é algo de uso infrecuente, atoparalo na cousoteca do barrio ou na central, pero terás que devolvelo e quedará rexistro de que o colliches. Se dubidades, rola+nada: cun éxito, o obxecto está, pero cun 7-9 hai algún pero. DX decide cal.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKYk076bWisMSzQ by viriato@mastodon.gal
2023-11-23T18:05:45Z
0 likes, 0 repeats
Día 23: dragón + Contos do CúmuloNos lumes de Denaeb habitan algúns dragóns solares. A súa cor cambia cos milenios: de cría, é dun vermello intenso, que pasa a laranxa, logo amarelo, logo a un branco azulado. Cando chega á fase final, a de gran wyrm, encolle ata o tamaño dunha cría, dun branco puro. Finalmente, ao morrer, o seu corpo colapsa nunha esfera de aniquilación (95% dos casos) ou nun pozo dos moitos mundos (5%).[O dato é do libro, miña é a redacción.]#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKZhCYzxXgU3kGW by viriato@mastodon.gal
2023-11-24T09:19:58Z
0 likes, 0 repeats
Día 24: mascota + AgacoO primeiro rexistro de SFG-2208 é de 1955, un diario do Seminario de Estudos do Territorio. Ignórase se é o mesmo exemplar atopado en 1899 en Cortegada, bautizado por [CENSURADO] como "Feluxe".Pode nadar por horas sen precisar descanso. Só ladra (un ladrido) cando faltan menos de 24 h para a morte de alguén do equipo. Polo demais, compórtase como un exemplar común da súa especie.Medidas: Alimentalo. Xogar con el. Pasealo 3 veces/día.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKaTPfkWY60cFPc by viriato@mastodon.gal
2023-11-25T09:40:22Z
0 likes, 0 repeats
Día 25: hamburguesa + Contos do CúmuloA Fartura do Devoroide- Localización: Pakrill- Aspecto: Peles polos muros, lámpadas de grasa de kindori- Propietaria: Glaud, unha panotti con aires de muller noble- Clientela: Celesteires thoricas facendo tempo mentres os seus menestrais son reparados no dique- Rumor: Disque alguén no asteroide está sacando cadáveres do cemiterio- Aloxamento: dispoñible- Menú do día: "Hamburguesa" (?) e viño sulimí- Prezos: Baratos#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKbO8GrtUvv9Xou by viriato@mastodon.gal
2023-11-26T11:06:25Z
0 likes, 0 repeats
Día 26: revista + Derradeiros DíasA Redactidade de Magasín é unha organización de ámbito mundial. Cada lúa, ês súes "intreporteires", unhe por país, escollen unha reflexión dalgunhe paisane e envíana aes súes compañeires vía teleonda. Á vez, recompilan as que deste xeito lles chegan e compoñen un rolotexto —cada quen nunha orde distinta— que quimioplasman por ducias e reparten mentres buscan a seguinte novidade. Comparten numeración, iso si: van polo 6'56*10^13.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKcCpEORZT8s1po by viriato@mastodon.gal
2023-11-27T12:18:14Z
0 likes, 0 repeats
Día 27: oportunidade + AgacoSFG-11 semella atraer unha gran sorte á persoa que o posúe, pero estudos co URDA-7 amosan densos bucles en numerosos puntos do fío-vida dalgunhes delis, que ademais parecen avellentar a un ritmo superior ao normal.É de latón dourado sen máis gravado que as iniciais "J. P.". As agullas e a roda son de bronce. Numeración: romana (IIII). Todo apunta a que procede do obradoiro de Villar Sanxenís (Cambados) e que foi fabricado en 1895.#rolvember2023 #virivember2023
(DIR) Post #AcGEKd0SFs8tx45fBw by viriato@mastodon.gal
2023-11-28T08:21:50Z
0 likes, 0 repeats
Día 28: encontro aleatorio + Derradeiros DíasNA VÍA TRANSPANXEANA...[Rola 1d6][1] Un coro (1d4+5) da Igrexa da Pregunta indo aforcar un xaciano.[2] Unha correo de Madamme Paz, malferida.[3] Escraves fuxitives (1d6+2) de Esmorga con sementes potabilizantes. Levan armas agochadas.[4] Unha persoa da ferruxe, coa súa cría, en busca de Cidade Espiral.[5] Unhe descorazonade finxindo servir á Redactividade.[6] Santóns hematocríticos sendo atacados por anxos.#rolvember2023 #virivembe2023
(DIR) Post #AcGEKdo5HLqEQzJIY4 by viriato@mastodon.gal
2023-11-28T08:31:24Z
0 likes, 0 repeats
A última opción é, claro, este cadro do #Hematocrítico. Grazas por tanto, Hemato