Posts by fedello@mastodon.gal
(DIR) Post #AyAnYDSrqxABzug6Iy by fedello@mastodon.gal
0 likes, 0 repeats
Cando vas aprender unha linguaxe de programación, o típico exercicio que che poñen é o de facer un "Hello World". Coido que nunca o fixen literalmente porque me pareceu un chisco cutre, mais penso que xa entendín a razón, e por iso vouno usar para dar comezo a este blogue.https://ocortellodofedello.kirfed.ovh/blog/2025/06/24/ola-mundo/#OCortelloDoFedello
(DIR) Post #AyAnYDsOK3a1H4cU5Y by fedello@mastodon.gal
0 likes, 0 repeats
Levaba tempo sen revisar a meirande parte das solicitudes de seguimento. Mirade, non publico case nunca en pechado, pero non sei se algún día vou querer facelo e a miña intención non é ter seguidores.Cando fixen mastodon hai uns anos decidín que só aceptaría peticións de xente coa que interactúe un mínimo. Por iso se non coñezo adoito deixalas aí un tempo a ver se xurde esa interacción. En todo caso non publico tanto e case todo son retutos, así que non vos perdedes moito!
(DIR) Post #AyAnYDuADSzvMZRtqq by fedello@mastodon.gal
0 likes, 0 repeats
Levaba tempo querendo engadir unha sección no blogue na que engadir unha serie de videoxos, libros, series ou películas que dalgún xeito deixaron a súa pegada en min. Con todo, non é fácil facer unha selección con límites, e quería adicarlle unhas palabras a cada un, polo que se tendes curiosidade mais alá do top, botádelle un ollo a sección de escolma de videoxogos. https://ocortellodofedello.kirfed.ovh/blog/2025/08/13/a-mi%C3%B1a-escolma-de-videoxogos/#mis25juegos #videoxogos
(DIR) Post #AyAnYFLUrKSJpdFF5s by fedello@mastodon.gal
0 likes, 0 repeats
Hai case catro anos comezaba un proxecto que conectaba cunha parte da miña infancia. @GalizaTTD naceu coma un redescubrimento de OpenTTD, buscando facer unha maqueta viva de Galiza no videoxogo. Medrou moito e mais rápido do que agardaba, e hoxe está coma unha espiña cravada, entre gardado e inacabado. Que pasou co proxecto e cara onde irá agora?https://ocortellodofedello.kirfed.ovh/blog/2025/06/24/un-mapa-unha-idea-e-moitas-inc%C3%B3gnitas-cal-%C3%A9-o-estado-de-galizattd/#OCortelloDoFedello #GalizaTTD #OpenTTD
(DIR) Post #AzfiSrUYkQNz4lEXBI by fedello@mastodon.gal
0 likes, 0 repeats
Agora que xa é oficial, aproveito para deixarvos o meu agasallo de reis, a nova web de @obradoirodixitalgalego : https://obradoirodixitalgalego.galCase 800 proxectos entre @podgalego , @GalegoTube@botsin.space e @GalegoTube@botsin.space #YouTubeEnGalego #Youtubeiras #TwitchEnGalego, coa posibilidade de filtrar por plataformas e etiquetas de contido.Tamén podes atopar recursos para comezar a crear contido en galego na rede.Moi agradecido a @misteroom por #Lume 🔥 que me inspirou e foi de gran utilidade para facela posíbel.